EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

A D.O. Monterrei supera os 6,9 millóns de quilos de uva na campaña 2023

Colleitábanse 4.966.688,5 quilogramos de uva branca, mentres que de uva tinta foron 1.964.932,5 quilogramos, é dicir, 72% de variedades brancas e o 28% restante das tintas

 

A Denominación de Orixe Monterrei vén de pechar a campaña de vendima 2023, logrando de novo unha “colleita histórica, con 6.931.621 quilogramos de uva colleitados”, tal e como se destaca dende o seu consello regulador. Con respecto á cifra de variedades vendimadas, colleitáronse 4.966.688,5 quilogramos de uva branca, mentres que de uva tinta foron 1.964.932,5 quilogramos, é dicir, 72% de variedades brancas e o 28% restante das tintas.

A campaña de vendima abríase o 27 de agosto, coa adega Francisco Pérez Diéguez e finalizou o 9 de outubro, sendo a adega José Antonio Da Silva Pereira (Vinos Lara) a última en pechar o período de recolección de uva.

A campaña de vendima 2023 concluía cuns “excelentes resultados a nivel cuantitativo, debido ao incremento das hectáreas na nosa base territorial”, destaca do presidente do Consello Regulador, Jonatás Gago García, “e alcanzouse un máximo histórico, superando en case medio millón de quilogramos a campaña 2022, ata o de agora a máis exitosa”. Tamén quixo destacar o “traballo dos viticultores e adegueiros, non só durante a campaña de vendima, senón ao longo do ano”.

Artigos relacionados

Back to top button