EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

A D.O. Ribeira Sacra finaliza a vendima con 6.170.995 quilos de uva recollidos

Desa produción total uns 5.207.735 quilos corresponden á variedade mencía

 

Imaxe de vendima na Ribeira Sacra./ Foto cedida.

 

Cumpríanse as expectativas de calidade e cantidade que barallaba o Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra no inicio desta vendima 2018. Esta denominación, que se encontra entre as provincias de Lugo e Ourense, vén de pechar a campaña tras “39 días de intensa actividade” con 6.170.995 quilos recollidos, dos cales 5.207.735 corresponden á variedade mencía.

“Tras un ano no que os viticultores da D.O. Ribeira Sacra tiveron que loitar contra o mildio e a saraiba que afectaron puntualmente a algunhas adegas, os traballos desta vendima 2018, que se iniciaron o pasado 11 de setembro, víronse favorecidos por unhas excelentes condicións meteorológicas que contribuiron ao estado óptimo da uva e á fixación da súa acidez”, indican dende o seu consello regulador.

Tamén se destaca dende este órgano réctor que nesta vendima a Ribeira Sacra “consolidouse xa como un referente mediático ineludible nas principais cadeas xeneralistas do páis”. Ademais este ano tiña lugar nesta denominación a primeira vendima nocturna da man de dúas adegas. Nesta campaña elaborarán viño amparado por esta D.O. 93 adegas.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button