Aínda que algunhas adegas iniciaban os traballos un par de semanas antes, a vendima comezaba oficialmente na D.O. Ribeira Sacra o pasado 15 de setembro.
Tres semanas despois, 15 adegas seguen vendimando e 78 téñena finalizada, téndose recollidos a data 7 de outubro un total de 6.123.268 quilos de uva. O 7 de outubro do ano pasado, a D.O. Ribeira Sacra daba por finalizada a vendima despois de recoller 5.244.049 de quilos, co cal este ano xa se mellorou a campaña.
Por variedades, os quilos recollidos ata a data distribúense do seguinte modo:
Variedades tintas
- Mencía 4.913.963 kilos
- Garnacha 221.251 kilos
- Sousón 72.909 kilos
- Merenzao 58.544 kilos
- Brancellao 41.574 kilos
- Tempranillo 31.703 kilos
- Caíño tinto 31.518 kilos
- Mouratón 7.873 kilos
- Grao Negro 638 Kilos
Variedades blancas
- Godello 573.652 kilos
- Albariño 95.350 kilos
- Treixadura 55.827 kilos
- Dona Branca 6.154 kilos
- Blanco Legítimo 4.614 kilos
- Loureira 4.371 kilos
- Torrontés 3.327 kilos