En portadaÚltima hora

A D.O. Valdeorras abrirá mañá a campaña de vendima en Galicia

A primeira adega en comezar cos traballos de recollida de uva será a barquense Godeval

Vendima en Valdeorras. /Foto: Carlos G. Hervella.

 

A Denominación de Orixe Valdeorras abrirá mañá, 23 de agosto, a campaña de recollida de uva. A primeira adega en vendimar será, novamente, Godeval, emprazada en Xagoaza (O Barco de Valdeorras). Ao día seguinte, mércores, será a quenda de Valdesil, adega situada en Córgomo, no municipio de Vilamartín de Valdeorras, quen comece os traballos de vendima. “A deste ano na comarca é unha das vendimas máis temperás dos últimos anos”, sinala José Luis García Pando, presidente do Consello Regulador da D.O. Valdeorras, quen adianta que os traballos se completarán en todo o territorio amparado “ao longo dos seguintes dous meses aproximadamente”.

O obxectivo é igualar ou mesmo superar os niveis de calidade obtidos o ano pasado, así como as cantidades de uva reunidas, que en 2021, con máis de sete millóns de quilos de uva recollidos, a maior parte deles correspondentes á variedade branca godello, cuns 4,7 millóns de quilo, segundo o Consello Regulador da D.O. Valdeorras. “De novo a godello seguirá sendo a uva máis abondosa da nosa denominación de orixe, pois tense convertido no auténtico buque insignia do territorio amparado”, salienta García Pando.

Co inicio das tarefas de recolección e procesado da uva, Valdeorras convértese no primeiro territorio amparado de Galicia en comezar oficialmente a vendima este ano.

Artigos relacionados

Back to top button