
Ás 13:30h. deste sábado 9 de maio no exterior da sede do Consello Regulador da D.O. Valdeorras (situada en Vilamartín) representantes desta denominación de orixe e tamén da súa Ruta do Viño sumábanse ao brinde virtual do chamado “MovimientoVinoDO”. Así pode comprobarse nesta imaxe.
Este movemento ten o respaldo da Conferencia Española de Consellos Reguladores Vitivinícolas (CECRV) e a el adheríronse 54 denominacións de orixe españolas. Aposta por trasladar ao consumidor final os valores (como son a calidade e a orixe) das denominacións vitivinícolas.