CulturaCulturaÚltima hora

A danza chega este domingo á Rúa con VACAburra, Aída Colmenero e a música de Abertal

Os espectáculos "Extravíos" e "Conxurando o invisible" desenvolveranse no Aguillón a partir das 20 horas

 

O Paseo do Aguillón, na Rúa, acolle este domingo, día 8 de agosto a partir das 20 horas, dous espectáculos integrados no programa da Xunta Propulsa Danza + Paisaxe + Patrimonio. Representaranse Extravíos, de VACAburra, e Conxurando o invisible, de Aída Colmenero Díaz. A iniciativa, posta en marcha este ano pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade, busca poñer en valor a riqueza patrimonial e paisaxística de Galicia a partir das artes do movemento.

A primeira das actuacións, Extravíos, é unha peza de danza acompañada por unha orquestra de ukeleles que se presenta como un garabato musical para sete intérpretes. Trátase dunha creación en forma de viaxe sonora danzada, itinerario extraviado polo corpo e pola música e o encontro singular de dous colectivos de creación VACAburra e Ukestra do Medio.

Pola súa banda, o espectáculo Conxurando o invisible preséntalle ao mundo un mantra de respecto aos que rezan coas voces e presenzas ascentrais, ademais de recuperar elementos do patrimonio inmaterial da tradición cultural galega. A peza está dirixida por Aída Colmenero, quen tamén a interpreta acompañada do grupo Abertal da Rúa.

Artigos relacionados

Back to top button