CulturaCulturaÚltima horaVídeos

“A danza dos paxaros” percorre o Paseo do Malecón do Barco

 

Enormes paxaros de longos e rechamantes peteiros e coloridas as percorrían na tarde do 9 de setembro o Malecón do Barco amosando a nenos e maiores a súa singular danza. Con eles ía unha ornitóloga, guiando os seus pasos.

Este vistoso espectáculo de rúa, que conta coa participación da compañía Can Cun Quinqué e está incluído na programación Cultura no Camiño Xacobeo 2021-22, enchía de animación e música este céntrico paseo da vila momentos antes do pregón co que se abrirán esta tarde de xeito oficial as Festas do Cristo 2022 da man da pintora Lola Doporto.

Fotos: A.R.

 

Artigos relacionados

Back to top button