DeportesPiraguismoÚltima hora

A “Derradeira Náutica” de Allariz, unha cita deportiva e solidaria na despedida do ano

Medio cento de padexeiros en kaiaks dobres e individuais participaban nesta proba, celebrada o 31 de decembro

Publicidade

 

Coa “Derradeira Náutica” pechaba o 2020 deportivamente falando Allariz. Trátase dunha actividade deportiva tipo San Silvestre, para pechar o ano dunha maneira solidaria, deportiva e tamén divertida. Este evento, celebrabado baixo o lema “Facendo deporte axúdome a min e tamén aos demais”, estaba organizado conxuntamente polo club de piragüismo Fluvial Allariz e o Concello. Nesta proba os participantes achegaron un total de 63 quilos de alimentos, principalmente, leite, legumes, pastas e conservas que se destinaron a Cáritas deste municipio.

Aínda que a meteoroloxía non acompañou, xa que a choiva fixo presenza durante toda a xornada, participaban na proba medio cento de deportistas en kaiaks dobres e individuais, ataviados moitos deles con gorro e complementos do Nadal. Os padexeiros daban tres voltas polo río Arnoia nun circuíto comprendido entre o edificio A Fábrica e a ponte románica. Todos os participantes recibían un dorsal conmemorativo e unha medalla de participación.

“En todo momento seguíronse as medidas de seguridade e sanitarias que durante todo o ano leváronse a cabo nas distintas competicións de piragüismo, sen que ata a data se teña coñecemento de ningunha incidencia, seguindo en todo momento o protocolo establecido coas pertinentes medidas de prevención, separación de deportistas e desinfección do material utilizado”, tal e como informa o Club Fluvial Allariz.

Fotos cedidas.

Fotos: Fluvial Allariz.

Artigos relacionados

Back to top button