EconomíaEconomíaÚltima hora

A descrición visual normalizada de oliveiras, eixo dun foro en Quiroga os días 19 e 26 de abril

O instituto acollerá as I Xornadas teórico-prácticas de "Elaiografía macroscópica", a cargo do investigador José Espinosa Sánchez

 

Na actividade olivareira é frecuente describir as oliveiras de xeito vago e impreciso, de aí o interese “por desenvolver un protocolo de descrición varietal elaborado a partir dos parámetros elaiográficos, varietais, utilizados en publicacións rigorosas e catálogos, o cal permite contrastar as similitudes ou diferenzas entre exemplares, e en última instancia, facilitar a identificación e tipificación das variedades que, con distintas orixes, constitúen o plantar”, explica o biólogo e investigador José Espinosa Sánchez, que neste mes impartirá as I Xornadas teórico-prácticas de “Elaiografía macroscópica” (descrición visual normalizada de oliveiras).

A iniciativa desenvolverase os días 19 e 26 de abril de 18h. a 21h. A xornada, de carácter introdutorio, aborda a observación de caracteres de exemplares de oliveira que facilitan a súa descrición obxectiva, identificación e inclusión ou non nun tipo varietal catalogado. “O obxectivo é crear improntas sensoriais entre os asistentes que permitan a descrición obxectiva de oliveiras en base a caracteres facilmente observables e a súa expresión normalizada para unha primeira asignación a un tipo varietal catalogado ou non”, sinala Espinosa.

As xornadas están organizada por AMIAQUIGAL e o IES de Quiroga en colaboración co Concello de Qurioga, Aceiroga e novasSRutas. Con elas preténdese “contribuír á consolidación da actividade olivícola en Quiroga e, por extensión Gallaecia, cuns niveis de calidade técnica sostible, orientada a todos os segmentos interesados: cultivador, produtor, comerciante e consumidor”.

Artigos relacionados

Back to top button