CulturaCulturaEducaciónÚltima horaVídeos

A directiva da ANPA Aturuxo do CEIP Julio Gurriarán despídese cun emotivo vídeo

Tiñan preparado un acto antes de rematar o pasado curso pero a pandemia impediullo

 

En febreiro de 2017, con nervios e moitas ganas comezaba o seu mandato no CEIP Julio Gurriarán a directiva da ANPA Aturuxo que hoxe, 29 de setembro de 2020 se despide.

Tiñan previsto facelo cun acto especial ao finaliazar o curso, pero a pandemia que obrigou ao confinamento de toda España, deixou ese proxecto polo camiño, decidindo facelo a través das redes sociais coa publicación do vídeo que tiñan preparado para a ocasión.

Tal como eles mesmos contan “non foron comenzos fáciles pero con ilusión e empeño conseguimos sacar adiante un proxecto no que se levaron a cabo diversas actividades. Foron uns anos moi…interesantes e sobretodo gratificantes”, poñendo o seu gran de area para conseguir a construción do ansiado pavillón.

Con este vídeo dan as grazas “aos nenos e nenas do cole que sempre teñen un sorriso para agradecernos un chocolote, unha actuación dun mago, unha festa de fin de curso… por eles e por elas mereceron a pena os nervios, as prisas e as risas”. Tamén aos pais que os axudaron nas diversas actividades ou cun simple comentario de ánimo, e ao colexio “en especial, ao equipo directivo que sempre remou con nós”.

Así, tendendo a man á nova directiva que entra con “moita ilusión e ganas a esta nova aventura”, este grupo de nais e pais do Julio Gurriarán poñen o broche de ouro a catro anos de traballo, algún quebradeiro de cabeza e sobre todo alegrías.

 

Artigos relacionados

Back to top button