EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

A directora de Turismo de Galicia inaugurará mañá as Xornadas de Portas Abertas da Ruta do Viño de Valdeorras

O acto terá lugar ás 20:30h. no Hotel Monumento Pazo do Castro. Ademais, o sábado, entre outros actos, a praza Maior do Barco acollerá un Túnel do Viño

Publicidade
Imaxe dunha das xornadas de portas abertas da Ruta do Viño de Valdeorras./ Foto: A.R.

 

A directora da Axencia de Turismo de Galicia, Nava Castro, inaugurará mañá as XI Xornadas de Portas Abertas da Ruta do Viño de Valdeorras, que durante toda a fin de semana atraerán ata a comarca a decenas de visitantes para gozar do territorio amparado e dos seus viños a través dun completo programa de actividades.

No acto de inauguración das xornadas, previsto para mañá ás 20:30h. no Hotel Monumento Pazo do Castro (O Barco) participará tamén Joaquín Sánchez, presidente desta Ruta. A primeira das actividades que se poñen en marcha no marco deste evento terá lugar mañá. Trátase dun percorrido astronómico guiado por Francisco Javier Cerdán Núñez no hotel Pazo do Castro, no que os asistentes poderán degustar -mentres observan e reciben explicacións das estrelas- de diferentes referencias de viños de Valdeorras.

Ao día seguinte, o sábado, poranse en marcha os buses do viño con saídas dende diferentes cidades, e tamén outras propostas, entre elas un Túnel do Viño na praza Maior do Barco.

 

Artigos relacionados

Back to top button