O Colexio Pablo VI pon en marcha a súa Semana de Orientación Académico-Profesional, unha iniciativa dirixida aos alumnos de 4º de ESO e Bacharelato para axudarlles a definir o seu futuro académico e profesional que se celebrará do 24 ao 28 de marzo.
Eses alumnos eran os que na mañá deste luns día 24 asistían ao acto inaugural presidido pola directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández Novoa. No salón de actos do centro, acompañada por e trala presentación por parte do director, José Fernández, a directora xeral compartía cos rapaces a súa propia experiencia, como docente e tamén coo política felicitando ao Pablo VI por esta iniciativa que levan anos promovendo e “tan necesaria para guiar aos xoves de cara ao seu futuro”.
Fernández Novoa recoñecía que era a primeira vez que visitaba o centro escolar rués polo que aproveitaba a visita para coñecer as instalacións.
Ao longo desta semana os estudantes terán acceso a un completo programa de actividades que inclúe charlas, talleres, exposicións e encontros con profesionais de distintos sectores.
Hoxe, os pequenos do colexio asistían á mostra fotográfica “Oficios de onte”, unha homenaxe a profesións tradicionais que desapareceron co tempo, instalada na Aula Magna.
Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver.