Andainas-Trails-OrientaciónDeportesGalerías de fotosÚltima horaVídeos

A dura e espectacular ruta da Andaina Serra de Cereixido da Rúa, en imaxes

 

Moi dura, con grandes desniveis e atravesando o monte, pero tamén moi fermosa con espectaculares vistas sobre o val da Rúa. Así é o percorrido, especialmente a ruta de 25 km, da I Andaina Serra de Cereixido do 8º Gran Premio de Montaña organizada polo Club Atletismo Rúa, que na mañá deste domingo 6 de outubro están a percorrer preto de 200 andarines.

 

 

Coa colaboración de voluntarios de Protección Civil (da Rúa, Petín, Manzaneda,…) vixiando os cruces e velando pola seguridade dos participantes, a andaina comezaba ás nove da mañá pasando polos miradores dos Carneiros e Barranco Rubio; e lugares tan espectaculares como a Fraga da Cerva, a Fraga de Busdei ata chegar a Roblido e, tras máis de tres horas (o tempo mínimo estimado) regresarán ao punto de partida, na praza de Fontei para a entrega de premios.

 

 

Como parte da Liga Galega de Sendeirismo 2024, na que só computa a participación, os andarines federados que rematen a proba na que estén inscritos dentro dos tempos establecidos sumarán os quilómetros realizados na mesma. Haberá unha clasificación individual masculina e feminina, así como por equipos, con trofeos aos tres primeiros de cada categoría na modalidade de 25km e por equipos (mínimo 4 andarines) tanto masculino como feminino.

Fotos e vídeos: O SIL.

Máis información e fotos:

A I Andaina Serra de Cereixido do GPM A Rúa reúne a 160 persoas

Artigos relacionados

Back to top button