ConcellosEn portadaÚltima hora

A edición de abril en papel do Periódico O SIL xa está na rúa

 

Dous días antes de que remate o mes de marzo, o Periódico O SIL vén de poñer na rúa a súa edición de abril, así como o número de abril de O Sil Deportivo. Deste xeito este medio de comunicación fai un esforzo por adiantar as súas datas de saída para que poder chegar aos lectores (tanto aos subscritores como a aqueles que o merquen en quioscos e librerías) antes das datas festivas da Semana Santa.

Nesta ocasión, a reportaxe de En Portada adícase a un tema medioambiental e de conservación, mentres que na entrevista central deste número conversamos longo e tendido coa modelo internacional valdeorresa Lorena Guitián. Falamos da actividade guerrilleira décadas atrás na comarca con Alba Prada ou propoñemos unha ruta polo Macizo Central Ourensán, entre outras cuestións.

E, en O SIL Deportivo abrimos a tempada de pesca cunha ampla reportaxe, sen pasar por alto outras cuestións como o recente título do técnico de orixe valdeorresa Lucas Mondelo na liga xaponesa feminina como adestrador do Toyota Antelopes.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button