O fútbol sala feminino valdeorrés está de noraboa. Después de acudir aos entrenos preparatorios dos pasados martes, finalmente a xogadora do Rúa Valdeorras FSF, Gisela Rodrigues Rodríguez, está convocada coa Selección Ourensá Intantil que xogará o Campionato Galego de Seleccións Comarcais de Fútbol Sala.
Baixo as ordes do adestrador Javi Domínguez Yebra, xogarán a fase previa mañá venres 6 de decembro no Pavillón Municipal A Raña, en Marín. O primeiro partido será ás 10:30 horas contra a selección de Santiago; o segundo ás 13:30 horas contra a de Vigo; e o terceiro ás 19 horas contra a de Pontevedra.
Este é o terceiro ano que a xogadora valdeorresa acude a esta cita, un como alevín e o segundo xa como infantil, polo que dende o seu equipo deséxanlle moita sorte e sobre todo que desfrute da experiencia.