O ritual da Estoupa do Xudas, propio do mediodía do Domingo de Pascua nas Ermitas (O Bolo), no encontro da Virxe co Resucitado celebrábase por última vez en 1996. Nesta Semana Santa, case trinta anos despois, esta singular tradición volverá recuperarse á iniciativa do Concello do Bolo. Farase o 31 de marzo antes da misa de Resurrección, prevista para ás 13 horas, pero o seu escenario non será o adro do santuario como era costume, senón a área recreativa do Bibei.
Esta, xunto ás programacións de diferentes parroquias da provincia de Ourense (O Barco, Santo Estevo, Petín, O Carballiño, Ourense), é unha das novas que se poden consultar no Especial Semana Santa que edita o Periódico O Sil e que xa está na rúa xunto co número de marzo.
No monográfico, que está á venda en librarías e quioscos, tamén hai información sobre outras citas nesta Semana Santa como a Feira do Viño de Quiroga ou a Festa da Vitela no Bolo.