Apenas cinco horas despois de que o persoal de Irosa-Samaca tivera que deixar os seus postos e abandonar as instalacións da empresa para que puidera executarse a sentenza de desafiuzameto (que supuxo candar as portas de acceso ás naves), estes empregados volvían ao traballo.
Tras asinar ante notario o acordo, arredor das tres da tarde, a Comunidade de Montes de Portela e Trigal entregáballe ao responsable da empresa, Rogelio López, as chaves deses candados, abríanse entón as portas e os traballadores volvían á actividade.