As puntuacións emitidas polos participantes da II Cata Popular da Feira do Viño de Valdeorras, que se celebraba esta mañá de 2 de xuño na Casa Grande Viloira (O Barco), decidían os premios que se entregaban esta tarde como broche da 25ª edición desta mostra.
Nela participaban un total de 40 catadores en catro paneis. Entre os participantes o Consello Regulador da DO Valdeorras sorteaba 1 camiseta e unha mochila.
Despois dábanse a coñecer os seis mellores viños desta edición da cata eran os seguintes.
Tintos
1º Joaquín Rebolledo 2023 (Adega Joaquín Rebolledo)
2º Viñaredo Mencía 2023 (Adega Santa Marta)
3º Cascanueces 2022 (Arnadoval)
Brancos
1º A Coroa godello 2023 (A Coroa)
2º Maruxa 2023 (Virgen del Galir)
3º Bioca Laureles 2023 (Bioca)
Finalmente tiña lugar un brinde para despedir o acto coas autoridades presentes.
Fotos: A.R.