SanidadeÚltima hora

A EOXI de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras convida á cidadanía a “Quedar na casa”

 

“Fronte ao coronavirus tod@s podemos colaborar”, aseguran dende a EOXI de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, que vén de emitir un vídeo convidando aos cidadáns a “Quedar na casa”.

“Axúdanos por favor, non acudas ao Centro de Saúde por temas leves. Non satures as urxencias. Deixa o 061 para pacientes graves e emerxencias”, din, asegurando que “estamos a facer todo o posible para coidarvos, axúdanos, deixanos tempo para coidar dos que mais nos necesitan. Axúdanos, non te contaxies, non contaxies. Queda na casa, pide consulta telefónica no teu centro de saúde. Pensa nos mais débiles, pensa nos teus”.

Na mensaxe fan fincapé no feito de que “os nenos e nenas non están de vacacións, eles tamén poden colaborar quedando na casa, eles teñen menos riscos pero poden ser fonte de contaxios. Queda con eles na casa, educa en saúde, educa en solidariedade”.

“Ten sentidiño, limita os teus contactos sociais e segue os consellos das autoridades sanitarias”, conclúen.

Podese ver o vídeo no seguinte enlace: https://www.facebook.com/ComSergasOU/

Artigos relacionados

Back to top button