O alcalde entregáballes unha camiseta co escudo a cada un dos cativos
Coma se dun agasallo de reis se tratara, a Escola de Gaitas do Concello de O Bolo, recibía na mañá do 4 de xaneiro, as camisetas que formarán parte do uniforme, por xentileza do Concello.
Da man do alcalde Manuel Corzo e do director da escola de gaitas Xosé Lois Foxo, os cativos recibían a prenda co escudo bordado. A entrega tiña lugar na Residencia da Terceira Idade do Bolo onde os gaiteiros (xa uniformados) agasallaban aos residentes cun par de pezas.
O acto contou asemade coa presenza dalgúns familiares dos nenos e de parte da corporación municipal.
Fotos: Mónica G. Bellver.