CD BarcoDeportesEn portadaFútbolÚltima hora

A estrea de Gonzalo no CD Barco deixa a ansiada vitoria en Calabagueiros

Co 4-1 remataba o partido ante o Allariz disputado na tarde deste domingo 28 de xaneiro

 

Aseguraban estar “baixo os efectos dun meigallo” e por iso decidían repartir sopas de allo gratis entre os afeccionados que asistisen ao CD Barco-CD Allariz previsto para a tarde deste domingo 28 de xaneiro e o resultado non pudo ser máis positivo.

 

 

Non sabemos se foron os allos ou a incorporación do novo dianteiro, Gonzalo que marcaba ata en tres ocasións, pero o CD Barco vencía con contundencia aos alaricanos co 4-1 e tres puntos de ouro. O primeiro gol da nova fichaxe chegaba no minuto 29 e volvía marcar no 42′, marchando para vestiario co 2-0 no marcador.  Na segunda parte, máis do mesmo, dominio dos de Lino Estévez que anotaban un novo tanto ao marcar o Allariz en propia meta. O terceiro gol de Gonzalo chegaba no minuto 84, selando unha inmellorable estrea en Calabagueiros.

 

 

Tras unha derrota e tres empates seguidos, esta vitoria dá folgos ao CD Barco para seguir loitando. A seguinte cita será no campo do Porriño Industrial.

Fotos: Julio Quintas.

Artigos relacionados

Back to top button