ConcellosMontederramoÚltima horaVídeos

A exposición de gando vacún de Montederramo a vista de paxaro

 

No marco da XXVIII Festa da Carne de Montederramo que o 12 de outubro reunía a unhas 1.400 persoas en torno ao xantar, celebrábase unha exposición de gando vacún que este ano chegaba á V edición cunhas 200 cabezas de 34 explotación de Trives, Castro Caldelas, Montederramo e Maceda.

Deste mostra encárganse cada ano os gandeiros de Montederramo, que son os que se encargan de todo dende a baixada do gando ata a instalación das vacas no recinto, o seu acondicionamento e alimento e a posterior recollida.

 

 

Ao espectáculo da baixada das vacas do municipio, dende o barrio da Ponte, do cruce de Valdaria e de Leboreiro, prestaron este ano especial atención, como un atractivo máis da festa, con horarios estipulados tanto o día anterior pola tarde como o mesmo día pola mañá que foi gravado por dron.

Vídeo cedido pola Asociación de Gandeiros de Montederramo.

Máis información e fotos:

A exposición de gando vacún de Montederramo xunta a unhas 200 cabezas nesta V edición

Artigos relacionados

Back to top button