EconomíaEconomíaÚltima horaVídeos

A exposición de gando vacún de Montederramo xunta a unhas 200 cabezas nesta V edición

 

Máis alá do multitudinario xantar que reunía a unhas 1.500 persoas baixo a carpa instalada na praza, a Festa da Carne de Montederramo que este ano chegaba á XXVIII edición, contou cun completo programa que incluía un apartado divulgativo (con charlas no Mosteiro a pasada fin de semana), unha feira-mercadiño polas rúa do pobo, música e unha exposición de gando vacún que este ano chegaba á V edición cunhas 200 cabezas de 34 explotación de Trives, Castro Caldelas, Montederramo e Maceda.

 

 

Deste mostra encárganse cada ano os gandeiros de Montederramo, mantendo como o obxectivo conseguir organizar unha feira. “De momento non nos deixan porque dicen que fai falta un recinto, un toural como o de Castro Caldelas. Antes había un aquí e sacouse no seu momento pero nós seguimos con esa idea, comezamos con isto a ver se o conseguimos”, asegura un representante da Asociación de Gandeiros de Montederramo.

 

 

El mesmo explica que é moito o traballlo que levan para organizar a exposición, que fan totalmente gratis para que vaia xente ao pobo, polo que botan de menos colaboración institucional. “Este ano o Concello comprounos 150 valados para colocar as vacas, algo moi bo, pero nós encargámonos de traer herba, auga e para facerlles as camas ás vacas porque traémolas o día anterior e quedan ata o día seguinte porque coa xente non podemos sacalas. A maioría entran e saen andando e os de fóra en remolques, e despois hai que recollelo todo, claro”, conta, recoñecendo que cos gandeiros non colabora ninguén máis, a excepción das empresas que os subministran a eles. “A xente do pienso, do combustible,… axudan como poden e nós cartos non queremos, unicamente para darlle un detalle á xente que asiste”.

 

 

A calidade da carne de Montederramo queda demostrada en cada edición, na que toda a que se sirve procede dos gandeiros locais e o resto (costelas e todo o que non se cociña para a festa) ponse á venda nun posto preparado para iso con total garantía. Unha garantía de calidade amparada en gran medida por Ternera Gallega. “A maioría dos que estamos aquí temos o selo polo que tiña que haber aquí algún representante apoiándonos pero tampouco están. Na provincia de Ourense hai tres eventos deste tipoo, en Castro Caldelas, A Veiga e aquí e posto que nós pagamos para marcar os becerros eles deberían estar aquí dando a cara pero tampouco o fan”, lamentan os gandeiros.

 

 

Fotos e vídeo: Carlos G. Hervella.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button