ConcellosO BarcoÚltima hora

A fachada do Concello do Barco ilumínase en solidariedade co pobo ucraíno e contra a guerra

 

Dende as sete da tarde deste sábado 26 de febreiro, as cores da bandeira ucraína iluminan a fachada do Concello do Barco de Valdeorras “en solidariedade con este pobo e contra a guerra”, explican dende o ente local.

Ao respecto, o propio alcalde barquense Alfredo García explicaba que toda a corporación municipal está de acordo. “No Barco temos cidadáns ucraínos e temos que ser sensibles ante este horror provocado por un louco”, asegura, adiantando que o vindeiro luns colocarán tamén unha pancarta con “Non á Guerra”.

 

A fachada do Concello do Barco iluminada coas cores de Ucraína.

 

Fotos: Mónica G. Bellver e cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button