Son moitos os tipos de fame que poden ter as persoas. Dende a que evidencia a necesidade de alimento ata a de tacto ou agarimo. De cada unha delas falaba Ángeles Goás na tarde do 24 de xullo nos Xardíns da Casa Grande de Viloira (O Barco) no decurso do XII Ciclo De Perto. Presentaba o seu espectáculo de narración oral “As fames contadas”, composto por unha serie de historias, algunhas da tradición oral e outras propias.
Esta é a terceira ocasión na que esta contadora participa no Ciclo De Perto, que organiza a Concellería de Cultura do Barco.
Fotos cedidas.
