
Vista a alerta remitida pola Dirección Xeral de Emerxencias e Interior por episodio de “fenómeno meteorolóxico adverso en Galicia”, o peche das instalacións deportivas por parte de numerosos concellos e o estado dos terreos de xogo pola abundante choiva caída durante a semana, a Federación Galega de Fútbol decidía “suspender de todas as competicións oficiais tanto de ámbito estatal como autonómica a disputar o sábado día 21 de decembro, manténdose inalterable a xornada do domingo día 22, con excepción dos concellos que pechasen as súas instalacións tamén ese día”.
Entre os partidos previstos para mañá estaban o C.D. Barco-C.D. Pontellas no campo de Calabagueiros; o C.D. Trives-RocasC.F. no campo do Agro.