EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

A Feira do Viño de Valdeorras, un dos primeiros actos públicos do novo director de Turismo de Galicia

O rues Xosé Manuel Merelles participaba, xunto a outras autoridades, no acto inaugural desta mostra en Viloira (O Barco)

 

A XXIV Feira do Viño de Valdeorras é un dos primeiros actos públicos nos que ten participado o novo director da Axencia de Turismo de Galicia, o valdeorrés Xosé Manuel Merelles Remy, que tomaba posesión do cargo o 3 de xullo. Acudía ao acto inaugural desta mostra que pon o valor o sector do viño valdeorrés, que está ademais apostando polo eido do enoturismo, unha das áreas que se impulsan tamén dende o seu departamento.

 

O director de Turismo de Galicia co presidente da Ruta do Viño de Valdeorras.

 

Tras o acto inaugural na praza de Viloira (O Barco), Merelles era saudado afectuosamente por diferentes representantes políticos valdeorreses e tamén doutras zonas, así como por membros do sector vitivinícola.

Na súa toma de posesión, hai apenas unha semana, Merelles insistía na importancia de insistir na sositibilidade, na dixitalización e na internacionalización da oferta turística galega, preservar o Camiño de Santiago e patrimonio natural e cultural son outros eixos polos que apostará. “A colaboración entre as institucións, as empresas e os profesionais é máis necesaria que nunca, ao obxecto de que o turismo non interfira nin mediatice a vida diaria dos cidadáns das nosas cidades e vila, de xeito que poidamos seguir presumindo dunha Galicia acolledora coma valor estratéxico fronte a outros territorios”, dicía tras prometer o cargo.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button