EconomíaEconomíaEn portadaÚltima horaViticultura

Estes son os ganadores da Cata Oficial da XXIV Feira do Viño de Valdeorras

 

Os resultados da XXIV Cata Oficial da Feira do Viño de Valdeorras, celebrada esta mañá no Consello Regulador desta D.O., veñen de darse a coñecer nunha gala que comezaba ás 21h. deste 7 de xullo no Complexo Hostaleiro Paladium de Vilamartín.

No concurso participaban un total de 38 mostras (18 de brancos e 10 de tintos da colleita do 2022 e 10 de viños doutras anadas). Deles resultaban galardoados os seguintes viños.

 

 

Brancos 2022

1º Premio- A Coroa Godello Produción Controlada de Adega A Coroa S.A.T.
2º Premio- Joaquín Rebodello Godello 2022 de Bodega Joaquín Rebolledo S.A.
3º Premio- Maruxa Godello 2022 de Virxe do Galir S.L.U.

Tintos 2022

1º Premio- Cascanueces Mencía 2022 de Arnadoval S.L.
2º Premio- Sampayolo Mencía 2022 de Bodega Sampayolo S.L.
3º Premio- Joaquín Rebolledo Mencía 2022 de Bodega Joaquín Rebolledo S.A.

Mención viños doutras anadas: A mención especial para o mellor viño doutras añadas foi a parar ao Lagar do Cigur Crianza 2015 da Adega Melillas e Fillos S.L.

 

O presidente da D.O. Valdeorras, José Ramón Rodríguez.

 

Durante o acto o presidente do Consello Regulador da D.O. Valdeorras, José Ramón Rodríguez Castellanos, destacaba que entre os membros do panel de cata que avaliou as referencias participaron este ano os xornalistas especializados que están a visitar a comarca con motivo da Feira do Viño. E engacía que polo simple feito de participar e sacar adiante unha colleita todas as adegas deben xa considerarse “gañadoras” e reivindicaba o acto de entrega dos premios como “unha festa dende o sector e para o sector”. Tamén expresaba o seu agradecemento a todos os participantes neste concurso.

Entre as autoridades presentes había alcaldes e concelleiros de Valdeorras, así como o deputado no Parlamento galego Eduardo Ojea e xerente do Inorde, Emma González.

Feira do Viño de Valdeorras, o 8 e 9 de xullo na praza de Viloira (O Barco)

Esta cata e a entrega de premios vén de ser xa a antesala da XXIV Feira do Viño de Valdeorras que se desenvolverá nesta fin de semana na praza Otero Pedrayo de Viloira (O Barco), coa participación dunhas 20 adegas da D.O. Valdeorras e cun amplo e variado programa de actividades complementarias.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button