EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

A Feira do Viño do Ribeiro reunirá do 28 ao 30 de abril a 35 adegueiros e colleiteiros na súa 60 edición

Contará coa presenza de recoñecidos cociñeiros; catas comentadas; zona gastronómica; música en directo; área infantil; e mesmo visitas guiadas á Ribadavia e comarca

 

A organización da Feira do Viño do Ribeiro, formada polo Concello de Ribadavia e o C.R.D.O. Ribeiro, vén de presentar esta mostra en Ourense. O acto tivo lugar ás 11:30 horas do xoves na sala de prensa da Deputación de Ourense e contaba coa presenza da alcaldesa de Ribadavia, Noelia Rodríguez, do presidente do C.R.D.O. Ribeiro, Juan Manuel Casares, do pregoeiro da 60ª edición, Juan Antonio Bande, e do vicepresidente da Deputación de Ourense, César Fernández.

César Fernández abría o acto felicitando á organización do evento por nomear como pregoeiro a Juan Antonio Bande, Juanan. Desexou tamén que a feira sexa un éxito e lembrou que é “unha maneira fantástica de exaltar a alma do territorio do Ribeiro”, un evento no que a Deputación de Ourense colabora.

Juan Casares comentou que a programación será similar á de anos anteriores, resaltando a actividade que guiará Pitu Roca coa gran xoia enolóxica do Ribeiro, o viño Tostado e aproveitou para felicitar ao Concello de Ribadavia por lograr esta actividade. Comentou tamén que esta feira, xunto con outras accións que se levan a cabo dende o Consello Regulador e a Ruta do Viño, ten o obxectivo principal de potenciar o Ribeiro como enocomarca e destino turístico desestacionalizado, xa que sempre é un bo momento para visitar o Ribeiro. Tamén felicitou a “Juanan” por ser o pregoeiro nesta edición e indicou que lle dará lustre a esta feira, por ser un dos cinco fundadores do evento.

Noelia Rodríguez presentou máis polo miúdo a programación da feira vitivinícola máis antiga de Galicia, que se celebrará en Ribadavia do 28 ao 30 de abril. Explicando que nesta especial edición se recuperou o cartel da primeira edición cuns retoques así como se elixiu a un dos cofundadores da primeira edición como pregoeiro. Destacou as actividades de showcooking con cociñeiros de renome (recuperados trala pandemia), a cata estrela guiada por Pitu Roca, os concertos de música en directo, o Ribeiro bus, varias catas comentadas, a zona gastronómica, a zona infantil con monitores… Finalmente animou a todos a participar nela e comentou que se agarda unha gran participación debido á calidade das actividades así como pola boa meteoroloxía que se espera.

 

 

Juan Antonio Bande quixo agradecer que o nomeasen a el de pregoeiro por ser un dos cocreadores da Feira do Viño do Ribeiro. Está moi feliz de que algo que axudou a crear sega tan vivo e vendo como se vai sucedendo ano a ano. Tratará de facer un bo pregón, actividade que non existiu dende a primeira edición, senón que se instaurou na sétima edición deste evento tan lonxevo.

Catas, obradoiros de cociña, música e visitas guiadas

Nesta LX edición da Feira do Viño do Ribeiro os obradoiros de cociña contarán coa presenza de destacados cociñeiros, como Miguel González e Javier Olleros, ambos con Estrelas Michelín, e Marcos Blanco. Non faltarán as catas comentadas, coa participación de Susana Barros e Mariña Fernández do grupo Abastos, así como unha zona gastronómica con pulpeiras e Food Trucks; música en directo con Sr. Jingles, Nastasia Zürcher, Cora Velasco e o grupo Soul & Roll; e para facilitar a conciliación unha área infantil que incluirá o Festivaliño “On the Road”.

O público que se achegue á feira tamén terá a posibilidade de coñecer o patrimonio de Ribadavia e da comarca a través dun autobús turístico que inclúe a entrada ao Museo do Viño de Galicia.

 

Artigos relacionados

Back to top button