En portadaGalerías de fotosLaroucoÚltima hora

A feira volve a Larouco, tres meses despois

 

Xusto un día antes de que a comunidade galega entre na “nova normalidade”, Larouco recuperaba neste domingo 14 de xuño a súa feira mensual. Facíao mantendo todas as medidas de seguridade marcadas polas autoridades sanitarias, con menos postos do habitual e cun lixeiro cambio na súa ubicación.

Entre os produtos que se poñían á venda nos postos da feira había produtos agroalimentarios, como o bacallau, e doutro tipo, como prendas de vestir. Ademais en cada un dos postos, o público, que debía acudir con mascarilla, podía atopar guantes e xel hidroalcohólico. Tampouco faltaban as pulpeiras, neste caso dúas: unha de Portela (Larouco) e outra de Trives.

 

 

Outra das novidades desta feira, que se retoma despois dun parón de tres meses debido á crise do Covid-19, é a súa ubicación. Tradicionalmente viña celebrándose na estrada que percorre a vila, pero a partir de agora pasará a colocarse na rúa Seoane, tal e como anuncia a alcaldesa de Larouco, Patricia Lamela. Neste domingo, os postos xa se instalaban entre o Bar Irene e o inicio da citada rúa.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button