En portadaÚltima hora

A Festa da Carne de Montederramo volve con máis forza que nunca

Tras dous anos sen celebrarse pola pandemia, a XXVII edición reunía a unhas 1.500 persoas o Día do Pilar e da feira nesta localidade ourensá

 

Con máis ganas que nunca logo de dous anos de paréntese pola pandemia de Covid 19, fieis á cita no Día do Pilar, en torno ás 1.500 persoas reuníanse na praza do Concello de Montederramo no mediodía deste mércores 12 de outubro para dar boa conta do menú, regado con viños da Ribeira Sacra da XXVII Festa da Carne de Montederramo.

 

 

En empanada, ao caldeiro e richada. Son as tres formas nas que os asistentes á festa gastronómica puderon degustar este produto típico da zona de montaña da provincia de Ourense, nunha xornada que comenzaba xa de boa mañá coa exposición e venda de produtos nos postos do mercadiño (hoxe tamén era día de feira), así como a IV Exposición de Gando Vacún organizado polos gandeiros do municipio. E xa en torno ás 13 horas abríanse as portas da carpa, aínda que tamén houbo xente que xantou en diferentes establecementos da  vila.

 

Concello de Montederramo.

 

Entre os asistentes ao xantar, acompañando ao alcalde de Montederramo Antonio Rodríguez, estaban alcaldes da contorna como a de Castro Caldelas Sara Inés Vega, ademais do presidente do Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra e a deputada provincial Luz Doporto, entre outras autoridades.

Como en toda edición, na xornada tampouco faltou o postre (bica) nin a música de gaiteiros e charangas.

 

 

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button