ConcellosEn portadaÚltima horaVilamartín

A Festa das Covas de Vilamartín celebra o 25 aniversario cunha alta participación

 

Un ano máis eran miles as persoas que na tarde-noite deste sábado 5 de agosto se daban cita na Festa das Covas de Vilamartín, no ano en que celebran o seu 25 aniversario. Dende mozos ata maiores iniciaban, cunca e pano vermello en man, un percorrido festivo por estas singulares adegas soterradas para desfrutar dos viños (brancos e tintos) e tamén de diversos petiscos, mentres o ambiente estaba animado polo son de charangas.

 

 

Coma sempre hai participantes da comarca, pero tamén outros chegado de diferentes partes de Galicia e mesmo doutros puntos de España.

Máis información e fotos no seguinte enlace: https://osil.info/a-xxv-festa-das-covas-de-vilamartin-en-imaxes/

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button