En portadaGalerías de fotosÚltima hora

A XXV Festa das Covas de Vilamartín, en imaxes

 

Non foi a máis numerosa pero así e todo eran máis de 3.500 as persoas que na tarde e noite do sábado 5 de agosto celebraban o 25 aniversario da Festa das Covas de Vilamartín, percorrendo o preto de medio cento de covas abertas para ocasión, bebendo, comendo e tamén bailando.

 

 

As portas abríanse en torno ás 20:30 horas e dende ese momento, os asistentes, chegados dende diferentes partes da comarca e tamén doutros puntos de Galicia e resto de España, comezaban o percorrido coa taza na man e o pano vermello ao pescozo.

 

 

A animación musical da festa, organizada pola Asociación de Coveiros, corría por conta de diferentes charangas e grupos de cantos de taberna durante a ruta. Unha vez que as covas pechaban as portas, xa na medianoite, a troula continuaba na Airexa coa DJ Chus Lestayo.

 

 

Máis fotos no seguinte enlace: https://osil.info/a-festa-das-covas-de-vilamartin-celebra-o-25-aniversario-cunha-alta-participacion/

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button