
Finalmente, o Xardín Botánico será a nova localización da Festa das Pandillas do Cristo 2026. A decisión chega tras a “denegación da autorización de Confederación Hidrográfica Miño-Sil, de utilizar a praia fluvial do Malecón para a celebración do evento, por atoparse esta en dominio público hidráulico do río”.
“Tralo anuncio feito polo Organismo de Conca, que chegou a dous días da celebración do evento, o Concello tomou a decisión de mantelo, cambiando de lugar a festa para que poida levarse a cabo mantendo todas as garantías de seguridade”, aseguran.