
Na xornada deste xoves 20 de maio reuníase o xurado do concurso fotográfico Olladas de Igualdade, convocado polo Concello da Rúa, para fallar os premios da VI edición que contou con cinco participantes e un total de sete fotografías.

Nesta ocasión os premiados son todos de Valdeorras. O 1º Premio é para a fotografía que leva por título “Igualdade de condicións”, do barquense Arsenio Blanco Gayoso; o 2º Premio é para a fotografía “Protexendo a igualdade”, do rues Álvaro Rodríguez Pérez; e o 3º Premio é para a fotografía co lema “Imos mariscar”, do tamén barquense Sindo Novoa.
