CulturaCulturaÚltima hora

A fotografía ‘Traballo sen trabas’ do rues Álvaro Rodríguez Pérez lévase o 1º premio do concurso Olladas de Igualdade

 

Neste mércores 8 de marzo, o Día Internacional da Muller no que a corporación municipal lía o manifesto diante do Concello e as letras que dan a benvida ao municipio están iluminadas desta cor, resolvíase o VIII concurso de fotografía ‘Olladas de Igualdade’, convocado polo Concello da Rúa.

 

 

Nesta edición participaban 14 fotografías presentadas por un total de 8 participantes resultando gañadora a fotografía ‘Traballo sen trabas’, de Álvaro Rodríguez Pérez. O 2º premio foi para  ‘Desbroce matinal’, de Arsenio Blanco Gayoso; e o 3º para ‘No traballo’, de Abelardo Crespo Crespo.

 

 

Tal como explican dende o Concello, todas as fotografías estarán expostas na Casa da Cultura da Rúa do 20 de marzo ao 20 de abril.

 

Artigos relacionados

Back to top button