SanidadeÚltima hora

A Fundación Dentalnova únese á campaña internacional “Outubro Rosa”

 

Dende esta noite e ata o próximo 31 de outubro a Fundación Dentalnova en Verín ilumina de rosa interior das súas instalacións en sinal de apoio á loita contra o cancro de mama. Deste xeito súmase á campaña internacional de sensibilización contra esta enfermidade “Outubro Rosa”.

Este movemento celébrase anualmente desde a década de 1990 e o seu propósito é difundir información sobre o cancro de mama para, dese xeito, promover o coñecemento da enfermidade, proporcionar un maior acceso aos servizos de diagnóstico e contribuír á redución da mortalidade.

Ademais da iluminación das súas instalacións, a Fundación Dentalnova realizará unha campaña fotográfica a través das súas redes sociais utilizando a cor rosa como denominador común. Esta acción “ten o obxectivo de reforzar e manter presente, durante todo o mes de outubro, o carácter reivindicativo desta acción de concienciación”, aseguran.

Fotos cedidas.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button