A programación de Nadal da Pobra de Trives arranca con música e solidariedade. Mañá, 22 de decembro, celebrarase o concerto da Escola Municipal de Música no Auditorio Xulio Vázquez; e o sábado, 23 de decembro, será o espírito da solidariedade o que reúna aos veciños e veciñas na praza do Concello para asistir, a partir das 19 horas, a un espectáculo de luz, son e faroliños voadores coa actuación de Sergio Pazos.
“O obxectivo é recadar comida para aquelas persoas que máis o precisan”, puntlualizan dende o Concello, explicando que por cada quilo de alimentos que aporten os asistentes á gala, fará entrega dun farolillo que será lanzado ao ceo. Ademais, proxectarase un videomapping que abrirá estas datas de Nadal para as queu o Concello da Pobra de Trives programou unha decena de actos.
Así, ata o 6 de xaneiro haberá propostas para todos os públicos e para todos os gustos. A Noitevella celebrarase por adiantado na Rúa San Martín e teatro, concertos, a visita do Pandigueiro e a proxección do documental “A Espada de Mourás” completan a programación.
PROGRAMA
- 22 de decembro: Concerto de Nadal da Escola Municipal de Música. Auditorio Xulio Vázquez, 19:30 horas.
- 23 de decembro. Teatro “Palabras”. Auditorio Xulio Vázquez, 17 horas.
Gala Solidaria. Espectáculo de luz e son no Concello, 19 horas. - 24 de decembro. Papá Noel. Papanoelada moteira. Praza do Pilón. 19 horas.
- 26 de decembro. Proxección do documental “A Espada de Mouruás” no Auditorio, 20 horas.
- 27 de decembro. O Pandigueiro no Auditorio, 17 horas.
- 29 de decembro. Excursión a Pazolandia previa inscrición.
- 30 de decembro. Festa pre Fin de Ano dende as 19:30 horas na rúa San Martiño.
- 5 de xaneiro. Cabalgata de Reis, 19 horas.
- 6 de xaneiro. Concerto de Reis do Orfeón Trivés, 18 horas.