CulturaCulturaEn portadaGalerías de fotosÚltima horaVídeos

A “Galaxia Bayadère” pon o broche ao curso da academia de danza nun abarrotado Teatro Lauro Olmo (O Barco)

 

O deste 2023/2024 foi sen dúbida un intenso e espectacular curso na Academia de Danza Bayadére do Barco, con moito traballo e calidade, moitas horas de baile pero tamén premios. Un curso que como cada ano baixaba o pano co festival no Teatro Lauro Olmo.

 

 

Na tarde deste luns 24 de xuño diante de numeroso público, a academia pechaba o curso académico con coidadas coreografías e impecable vestiario, onde as alumnas amosaban toda a súa arte. Dende as máis pequeniñas de iniciación á danza e pre-danza, pasando polos diferentes niveis tanto de baile clásico como moderno, todas tiveron o seu momento, arrrancando sonoros aplausos e vítores nun ateigado teatro.

 

 

Nesta ocasión o espectáculo ideado pola profesora, Nuria Reguera, xiraba en torno á “Galaxia Bayadère” e nela, con música de bandas sonoras, íanse mesturando o baile moderno co clásico creando unha fermosa historia que encandilou aos asistentes.

 

 

Como cada ano na sesión de hoxe pechaban o cartel de non hai entradas polo que quen queira ver o espectáculo ao completo e non pudera asistir, terá unha nova oportunidade malá, á mesma hora e no mesmo lugar (20:30h. no TLO), cun segundo pase.

 

 

Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button