En torno ás tres da madrugada de hoxe día 5 de xaneiro, a Gardi Civil do Barco de Valdeorras detiña a dous homes (un de 39 anos e veciño de Vilamartín de Valdeorras e outro de 48 e veciño do Barco), como “presuntos autores dun delito de roubo en grao de tentativa” ao ser sorprendidos cando estaban forzando a porta de entrada dun bar no Barco.
Aos dous detidos tamén se lles formula unha denuncia por incumprimento do toque de queda fixado nas 23 horas. O caso era trasladado ao Xulgado Número 1 do Barco de Valdeorras.