En portadaÚltima hora

A Garda Civil do Barco de Valdeorras honra á Virxe do Pilar

 

Como cada 12 de outubro (a excepción dos dous da pandemia) a Garda Civil do Barco de Valdeorras honra hoxe á súa patroa, a Virxe do Pilar. Ás 12:30 horas celebraba na igrexa de Santa Rita no Barco unha misa, oficiada polo párroco Jesús Álvarez Álvarez e cantada polo coro de San Mauro.

 

As axentes que fixeron a ofrenda floral.

 

Entre os asistentes a esta celebración relixiosa estaban diversos concelleiros do Barco, ademais do alcalde, Alfredo García, así como outros representantes das forzas de seguridade como a Policía Local e a Nacional, e numerosos civís.

Antes de comezar a eurcaristía, dúas axentes, precedidas por unha nena coa bandeira, facían a ofrenda floral no altar diante do Cristo.

 

Un garda civil durante unha das lecturas da misa na honra á Virxe do Pilar.

 

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button