EconomíaEconomíaÚltima hora

A Gudiña celebra a primeira reunión en Ourense de estudo e control da actividade incendiaria en parroquias

En total haberá 15 xuntanzas nas catro provincias, concentrando en cada unha delas a varios municipios afectados
Un dos momentos da xuntanza.

Comezan as reunións de estudo e control da alta actividade incendiaria nas parroquias rexistradas no Pladiga como PAAI (parroquia de alta actividade incendiaria). As dúas primeiras tiñan lugar na mañá do 30 de maio na Gudiña, presidida pola delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz; e en Dozón, presidida pola conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez.

 

Os asistentes a esta primeira reunión na provincia de Ourense.

Ao encontro da Gudiña acudían representantes deste concello así como do concello da Mezquita. Neste caso, as PAAI analizadas foron en total 12, das cales 6 pertencen ao primeiro municipio e catro ao segundo. Díaz Mouteira tamén destacou a necesidade de que todos os axentes que participan no territorio, sexan públicos e privados, deben involucrarse na loita contra os incendios forestais, “dado que as consecuencias desta lacra aféctannos a todos”.

En total haberá 15 reunións nas catro provincias galegas, concentrando en cada unha delas a varios municipios afectados e que contan actualmente con algunha das parroquias consideradas actualmente como de alta actividade incendiaria, que teñen esta condición ben polo número reiterado de incendios ou pola súa virulencia.

Artigos relacionados

Back to top button