CulturaCulturaÚltima horaVídeos

A historia de 2 galegos supervivintes do campo de Mauthausen, no FIC de Verín

O Festival Internacional de Curtas de Verín acollerá esta tarde a proxección de "Mauthausen, regreso ao campo da morte", dirixido polo xornalista e historiador galego Manolo Torrente

Imaxe deste documental./ Foto: FIC Vía XIV de Verín.

 

No marco do Festival Internacional de Curtas (FIC) Vía XIV de Verín proxectarase esta tarde, a partir das 20:30h. no Auditorio, o documental “Mauthausen, regreso ao campo da morte”, dirixido polo xornalista e historiador galego Manolo Torrente. No acto contarase coa presenza do director e tamén coa de Eladio Fernández Manso, historiador e especialista no tema.

Este documental de apenas media hora de duración conta a historia de dous galegos que conseguiron saír con vida do horror daquel campo de concentración: Enrique Doval, natural de Lugo, e Xaquín Balboa, procedente de Estevesiños.

Ambos os dous viaxaron con Torrente e coa súa equipa técnica, conformada polo reporteiro gráfico Álex Adonis e polo produtor Xabier Tropat, ata Mathausen en 1989 para ofrecer as súas testemuñas en primeira persoa do que alí viviron. Foron dous dos aproximadamente 8.000 españois que estiveron neste campo de concentración (cifra que varía segundo o autor e a fonte consultada) e dous dos preto de 1.600 que oficialmente lograron sobrevivir.

Xaquín Balboa, tal e como detalla Manolo Torrente, fíxoo grazas a súa condición de barbeiro en Mathausen, o que lle permitiu levar mellor o día a día no campo de concentración como el mesmo detallou.

 

Fonte do vídeo: FIC Vía XIV de Verín.

Artigos relacionados

Back to top button