EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

A hostalaría da Rúa recupera a actividade tras un mes pechada polas restricións

 

Despois dun mes pechada tralas últimas restricións impostas pola Xunta para frear a terceira onda da pandemia de Covid, a hostalaría valdeorresa reabría as portas na xornada deste venres 26 de febreiro.

Facíao trala entrada en vigor da orde que establece as bases que regularán a nova fase de medidas restritivas en Galicia. A Rúa, igual que todo Valdeorras está no nivel medio e no que respecta a bares e restaurantes, dende hoxe poden abrir ata as 18 horas cos aforos reducidos ao 30% no interior e ao 50% na terraza.

E era basicamente na terraza onde desfrutaban da sobremesa numerosos veciños que non quixeron perder a oportunidade de xogar a partida ou tomar ese esperado café no bar, aproveitando a reapertura e as agradables temperaturas.

Fotos: Mónica G. Bellver

 

Artigos relacionados

Back to top button