EconomíaEconomíaÚltima hora

A hostalaría de Verín sae á rúa ao berro de “Queremos traballar”

Numerosas persoas, boa parte delas comerciantes, apoiaban esta manifestación en defensa do sector

Pancarta que encabezada esta concentración en defensa da hostalaría de Verín./ Imaxe: Facebook Comarca de Monterrei (Verín).

 

Cun percorrido polas rúas de Verín, que tiña como punto de partida e chegada a praza do Concello, os hostaleiros desta vila, acompañados por comerciantes e veciños, amosaban a partir das 11:30h. deste 10 de novembro o seu malestar ante as restricións para facer fronte ao Covid. Respectaban as medidas de seguridade e moitos deles levaban pancartas coa frase “SOS Hostalaría” ou “Da hostalaría comemos todo, ti tamén” e mesmo esquelas, simbolizando o peche dalgúns establecementos.

“Manifestámonos para amosar a inxustiza de que sigamos pechados baixo o lema de “Queremos traballar”. Isto foi o que se cantou, o que se berrou e o que se pediu, simplemente queremos dicir que somos profesionais, que o estamos facendo ben e que non cremos que a culpa sexa nosa”, comentan dende o sector, que en Verín leva pechado dende primeiros de outubro.

Ademais os hostaleiros manifestan o seu profundo agradecemento “a todos os comercios que pecharon simbolicamente para apoiarnos” e a todas as persoas que participaron nesta concentación.

Así, esta iniciativa recibía o apoio da Asociación de Empresarios de Verín (AEVER) cuxos asociados colgaban esta mañá nas portas dos comercios asociados un cartel sinalando “Café. Regreso en 15 minutos. Este establecemento apoia a hostalaría” e pechaban as súas portas entre as 11:30h. e as 11:45h. para asitir á concentración e “amosar a súa solidariedade ao sector. Hostalería e comercio son parte do motor económico da vila”, indican dende esta organización empresarial.

 

Cartel que poñían os establecementos de AEVER esta mañá./ Imaxe cedida.

 

Artigos relacionados

Back to top button