EconomíaEconomíaÚltima hora

A hostalaría ruesa poderá ampliar, en determinadas datas como Semana Santa, o horario máximo de peche

O Concello da Rúa vén de emitir un bando no que informa sobre esta medida

Publicidade

 

Co obxectivo de lograr a “reactivación dos negocios de hostalaría que resultaron afectados durante moito tempo polas restriccións da pandemia, para que inicien a súa recuperación e volte a dinamización da actividade social”, o Concello da Rúa vén de emitir un bando informativo sobre a medida adoptada de “ampliación de horario xeral de peche en determinadas datas, en toro o termo municipal da Rúa, para os establecementos con licenza municipal para actividade de hostalaría”.

A ampliación será de unha hora e media nas seguintes datas: Semana Santa (do 13 ao 17 de abril; Festas de San Antón (do 10 ao 14 de xuño); Festas de San Cristóbal-Carnavrao (9 e 10 de xuño); Festas da Virxe do Carme (do 15 ao 17 de xullo); Festas de Verán (do 5 ao 9 de agosto); Bacofesta (do 12 ao 15 de agosto); Festas de San Roque (do 18 ao 23 de agosto); e Nadal (do 23 ao 26 de decembro, do 30 de decembro de 2022 o 1 de xaneiro de 2023, e a Noite de Reis).

 

 

Artigos relacionados

Back to top button