EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

A I Feira Irmandiña do Bolo baixa o pano cunha gran afluencia de público

 

Cunha valoración moi positiva por parte da organización, que dá as grazas tanto aos participantes como ao público en xeral e sobre todo á xente que acudíu vestida de época, baixaba o pano a primeira edición da Feira Irmandiña do Bolo, organizada polo Concello para promocionar os produtos locais e dar a coñecer a parte da historia acontecida no Castelo.

 

 

Dende as 11 e ata pasadas as 21 horas deste luns 14 de agosto, O Bolo regresou ao século XVIII reunindo no entorno da torre medieval unha ducia de postos con produtos tradicionais da vila e podos da contorna (viño, aceite, mel e sobre todo embutidos), así como algún de artesanía.

 

 

Tal e como estaba previsto, dentro do recinto amurallado instalouse un posto de comida (empanada, polo de corral,…) a cargo de A Capilla que repartiu uns 90 servizos. E xa pola tarde os Bois de Mario percorreron a zona animando o ambiente.

 

 

Ao longo do día tampouco faltou a música tradicional coa Banda de Gaitas do Bolo e os cantos de taberna. Entre os asistentes, veciños da vila e doutros concellos veciños e tamén moitos veraneantes que volven a casa para desfrutar das festas no mes de agosto.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Máis información, fotos e vídeos nos seguintes enlaces: https://osil.info/o-bolo-celebra-unha-exitosa-feira-irmandina-no-entorno-do-castelo/

https://osil.info/gastronomia-musica-e-historia-na-i-feira-irmandina-do-bolo/

 

Artigos relacionados

Back to top button