ConcellosO BoloÚltima hora

Gastronomía, música e historia na I Feira Irmandiña do Bolo

 

Na noitiña do luns 14 de agosto pechábase a primeira edición da Feira Irmandiña do Bolo, organizada polo Concello para promocionar os produtos locais e dar a coñecer a parte da historia acontecida no Castelo.

Unha iniciativa que contaba cunha gran afluenza de público, unha ducia de postos con produtos tradicionais da vila e pobos da contorna (viño, aceite, mel e sobre todo embutidos), así como algún de artesanía; un posto de comida; música; e mesmo a visita dos Bois do Mario.

 

 

Entre os asistentes, veciños da vila e doutros concellos veciños e tamén moitos veraneantes que volven a casa para desfrutar das festas no mes de agosto, membros da corporación municipal co alcalde Alberto Vázquez e o tenente de alcalde Miguel Ángel García á cabeza, e tamén o alcalde de San Xoán de Río Xosé Miguel Pérez Blecua, como deputado provincial delegado de Dinamización do Medio Rural.

Fotos: David Méndez.

Máis información e fotos nos seguintes enlaces: https://osil.info/a-i-feira-irmandina-do-bolo-baixa-o-pano-cunha-gran-afluencia-de-publico/

https://osil.info/a-i-feira-irmandina-do-bolo-baixa-o-pano-cunha-gran-afluencia-de-publico/

https://osil.info/o-bolo-celebra-unha-exitosa-feira-irmandina-no-entorno-do-castelo/

https://osil.info/visitas-guiadas-ao-castelo-do-bolo-no-marco-da-i-feira-irmandina/

Artigos relacionados

Back to top button