As augas do río Sil ao seu paso por Vilamartín acollían na tarde do 5 de setembro a I Travesía a Nado de Valdeorras. Esta cita, a única ourensá do XII Circuíto Galego de Augas Abertas, congregaba a preto de 80 participantes que tomaban a saída ás cinco da tarde dende as proximidades das piscinas municipais vilamartinesas.
A proba desputábase nun circuíto de 2.525 metros no que os participantes tiñan a posibilidade de escoller entre dar unha ou dúas voltas. Sen embargo, para puntuar, debían completar dúas voltas, o que supón un total de 5.050 metros.
Os mellores ganadores absolutos nas distancias de 5.050 metros en categoría absoluta conseguíanos Lucas Costa (do Club Natación Ponteareas) e Clara Otero (C.N. Ribeira). O mellor resultado valdeorrés viña da man de Pablo Israel Rodríguez (Adas).
A proba resultaba moi vistosa e atractiva para o público, que o seguía dende as beiras do río nos diferentes puntos do percorrido e tamén dende unha ponte. A proba remataba co acto de entrega de premios.
Fotos: Carlos G. Hervella