CulturaCulturaÚltima hora

A II peregrinación de S. Miguel de Bidueira (Manzaneda) ao Santuario das Ermidas (O Bolo) será o 16 de novembro

Tivera que ser adiada por mor do incendio de setembro no concello bolés

 

No mes de setembro tiña previsto rematar o programa de actos anual do “Santuario das Ermidas, un lugar con 400 anos de historia” organizado polo Concello do Bolo que xa contou cos concertos de Carlos Núñez e Uxía, ademais de conferencias.

Era a quenda dunha nova peregrinación dende a aldea de San Miguel de Bidueira (Manzaneda) ata o Santuario que tiña que tivo que ser adiada por mor do incendio. A nova data será o domingo 16 de novembro con saída ás 9 horas e chegada ás 12:30 horas con “oración”.

A distancia da andaina é de 12 quilómetros con servizo de autobús dende As Ermidas ata San Miguel ás 8 da mañá e de regreso  posteriormente ás 14 horas.

 

Back to top button